Xornadas de feminismo no campus de Vigo

Desde a Liga Estudantil Galega de Vigo, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Uvigo, organizamos as Xornadas de feminismo: creando conciencia, que se celebrarán os vindeiros 25 e 26 de abril na facultade de Filoloxía e Tradución, e para as que está solicitado un crédito de libre elección.

Podedes consultar o programa aquí.

Para inscribirvos só tedes que enviar un correo a vigo@ligaestudantilgalega.info indicando nome e DI.

Animádevos a acudir!